Benvidos á vosa radio!
Benvidos Á VOZ DE TERCEIRO!🎤🎧📻
Ese foi o nome escollido pola maioría dos que fixéstedes a votación.
Esta semana as mestras estivemos a disfrutar moito escoitándovos falar como verdadeir@s xornalistas da radio, dando consellos, contando anécdotas, facendo adicatorias... Logo, utilizando a maxia da radio, tentamos crear un programa fermoso que agardamos vos guste.
Por razóns de tempo, e vendo a vosa gran participación, non puidemos meter neste programa todas as recomendacións de xogos, pero non vos preocupedes! quedan pendentes para o vindeiro programa. O mesmo nos sucede coas adicatorias🎶, pero para iso inventamos outro sistema que podedes ver máis abaixo.
Os programas deixarémolos colgados na columna da dereita, e poderedes acceder a eles pulsando en A VOZ DE TERCEIRO. Tamén vos indicaremos alí os contidos para o seguinte programa, para que nos sigades enviando cousiñas interesantes.
Pois agora si!🎉Arranca o primeiro programa, feito con moito cariño ( e pouca experiencia das mestras) que esperamos que disfrutedes.