AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Unha anécdota é un relato curto de algún feito interesante ou divertido que lle ocorreu a alguén.
As pitas baixo a choiva é unha obra de Ricardo Carvalho Calero. Nela, o autor cóntanos unha anécdota que lle ocorreu cando era neno. Foi publicada por primeira vez na revista Lar no ano 1952. Edicións Embora publicouno en formato libro e agora ofrécenos unha edición dixital gratuíta.
Deixámosvos o enlace picando na imaxe.
A actividade que vos propoñemos é que nos contedes algunha anécdota que vos ocorrese a vós. Xa sabedes que podedes ilustrala tamén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.