Sabedes o que son as enerxías renovables? Seguro que si, pero agora ímolo repasar! As enerxías renovables son as que se obteñen de fontes naturais. Como se obteñen de fontes naturais non se esgotan e ademais non contaminan. Por exemplo, do aire podemos obter electricidade. E como se fai iso? Pois cuns aparellos chamados aeroxeradores que transforman a enerxía do aire en electricidade. Parece difícil, verdade? Xa veredes como se fai, imolo explicar a continuación.
Os aeroxeradores son os muíños de vento. Eses que vedes tan altos con aspas nas montañas. Seguro que algún de vos os pode ver dende a ventá ao lonxe. Unhas veces móvense despacio e outras máis rápido, depende do forte que sopre o vento. Pois ese movemento é enerxía. E eses aparellos conseguen transformar esa enerxía eólica (que é como se chama a do vento) en electricidade.
Pero non só se pode obter enerxía do vento, tamén do sol (enerxía solar), da auga (enerxía hidráulica)... e outras máis que veredes máis adiante.
Mirade, nesta foto podedes ver os muíños de vento:
Empregar as enerxías renovables é unha das maneiras de coidar o noso planeta, por iso son tan importantes.
Agora, para comprender un pouquiño mellor como funcionan os muíños de vento, propoñémosvos que fagades un na vosa casa. No documento que aparece aquí debaixo aparécenvos as instrucción para facelo. Debaixo da explicación, tedes unhas preguntas que podedes contestar oralmente.
DESCARGAR ARQUIVO
- Inicio
- Cálculo
- Problemas
- Repaso Matemáticas
- Comprensión Lectora
- Ditados
-
Repaso Linguas
- Caligramas
- Signos de interrogación e admiración
- No mercado
- Creamos textos para cómics
- Sujeto y predicado
- O fondo mariño
- Sílaba tónica
- O son z
- As pitas baixo a choiva
- Repaso Lengua
- O son K
- Sinónimos
- Sustantivos
- Damos una opinión
- Como se escribe?
- Que me recomendas?
- Juego literario
- Erre que erre
- Rosco de lengua
- O número dos substantivos
- Se buscan...faltas de ortografía
- Trabalenguas
- Adivinanzas
-
Ciencias
- Mugre, el tigre
- Analizamos datos con gráficas
- Salvando o Sistema Solar
- Os aparellos
- Fases da Lúa
- Mura la cangura
- Quebracabezas da nutrición
- A nutrición das plantas
- Animais en perigo II
- Animais en perigo
- A radio
- Auga doce-Auga salgada
- Plantas medicinais
- Un ben moi valioso
- Con ou sen ósos?
- Enerxías renovables
- Experimentamos coa auga
- Canto sabes de...
- Meteorólogos
- Especies en perigo
- Ciclo sen fin
- Planta na casa
- Galería
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.