UN PLANETA MOI CURIOSO

O Principiño é unha novela curta escrita polo autor francés Antoine de Saint-Exupéry. Foi publicado en 1943. As ilustracións do libro foron feitas con acuarelas polo propio autor.
A historia trata dun piloto cuxo avión se avería e termina no deserto. Alí coñece a un pequeno príncipe que vén doutro planeta.
Unha fermosa novela que vos recomendamos ler se tedes oportunidade.
Debaixo da seguinte imaxe deixámosvos unha pequena adaptación dun fragmento deste libro cunhas preguntas para que as resolvades. Podedes imprimilo ou contestar as  preguntas nun folio ou libreta.

'Só co corazón se pode ver ben; o esencial é invisible aos ollos' 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.