A lúa ten catro fases e, para saber en que fase se atopa, só temos que mirar ao ceo e ver que forma ten. Vémola diferente non porque o noso satélite cambie de forma, senon porque só podemos ver a parte iluminada polo sol e, dependendo de onde se atope, o sol ilumina unha parte diferente. E por que se atopa nunha posición diferente? Pois porque, como recordaredes, a lúa xira arredor da Terra e tarda 28 días en dar unha volta completa.

E volvendo ás fases, fixádevos na imaxe de abaixo para comprendelo un pouquiño mellor .
Como vedes, dependendo de que cara estea iluminada, vemos a lúa dunha forma ou doutra.
Propoñémosvos varias actividades para repasar este contido de maneira creativa. Son ideas, se se vos ocorren outras, tamén son benvidas! Animádevos a facelo e mandádenos fotos.
1. Esta é a primeira idea. Premede AQUÍ para ver como se fai. Recordade que se non tedes vasos de plástico, non os compredes, pois trátase de reciclar. Podedes escoller outra idea.

2. Aquí vai outra idea, esta vez para decorar. Non ten que ser igual, como vedes aquí repiten as formas da lúa, pero vós podedes facelo como queirades e, por suposto, empregando outros materiais.
3. Esta última opción é máis sinxela. Deixámosvos o enlace para facela premendo AQUÍ. Non é exactamente igual, vós tedes que escribir o nome das fases da lúa (recordade que hai unha que non se ve), pero os pasos para facela son os mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.