Reto 10

UN CÓMIC CON SUPERPODERES
E xa chegamos ao noso décimo reto! Esta semana temos unha misión moi especial, xa que o día 5 de xuño, o vindeiro venres, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Seguindo coas recomendacións que Tilandra, ao longo deste curso falamos moito do Medio Ambiente e do seu coidado. 
Por iso, nesta ocasión imos a propoñervos que creedes un cómic que trate o tema ambiental.
QUE É UN CÓMIC?
 O cómic é a narración dunha historia a través de ilustracións que se completan con texto escrito. Tamén hai historietas mudas, sen texto.
O cómic organízase en viñetas, e nelas aparecen os personaxes que poden expresarse a través dos bocadillos. Outro recurso moi empregado neste tipo de textos son as onomatopeias , que son palabras que imitan sons.





















IMOS FACER UN CÓMIC!
Agora é o voso turno! Debedes crear o voso propio cómic que narre algunha historia relacionada co Medio Ambiente 🌿. Pode ser moi sinxela, co número de viñetas que vós necesitedes. Recordade!
1º. Imaxinade a historia. Pensade que personaxes poden aparecer, o que lles ocorre, como poden resolvelo.... 
2º.   Podedes crear un borrador, que é coma un guión da vosa historia.
3º.    Comezade a elaborar o cómic. Primeiro, só os elementos máis importantes de cada viñeta. Cando xa as tedes completadas, podedes engadirlle os detalles e os diálogos.
4º.    Agora podedes darlle cores e poñerlle un título. O voso cómic está listo!
 O último paso é enviarnos unhas fotiños das vosas creacións para que todos poidan ver o fantásticas que vos quedaron!

Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos sirvan de inspiración. Deixade voar a imaxinación!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.