ESPECIES EN PERIGO

No tema 4 de Naturais estudamos os animais, recordades? E agora estabamos a ver as plantas.
Como sabedes, no noso planeta hai moitos animais e plantas en perigo de extinción. Por iso son moi importantes as pequenas accións que cada un de nós pode levar a cabo para protexer as nosas especies. Algunhas das medidas que podemos adoptar son a reciclaxe ou o consumo responsable.
A actividade que vos propoñemos é cubrir unha ficha, ou varias se queredes, con información dalgunha especie en extinción. Máis abaixo deixámosvos o exemplo de ficha. Podedes imprimilo ou copialo nun folio como prefirades. Incluímos algún enlace de webs onde poderedes atopar información. Tamén podedes consultar nalgún libro, se tedes, ou noutras webs.
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/animales-peligro-extincion_12536/4

https://www.ecologiaverde.com/20-plantas-en-peligro-de-extincion-y-sus-causas-1133.html

https://www.ecologiaverde.com/los-animales-en-mayor-peligro-de-extincion-375.html

https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/animales-peligro-extincion-lista-que-crece-cada-ano_15217
DESCARGAR ARQUIVO
    DESCARGAR ARQUIVO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.