QUE ME RECOMENDAS?

Ímosvos propoñer agora unha actividade de expresión oral. Todos e todas sodes grandes lectores, témolo comprobado na hora de lectura, onde algúns traedes os vosos propios libros e outros desfrutades lendo os que temos na biblioteca da aula. Polo tanto, aos que vos apeteza, pedímosvos que nos enviedes un vídeo ensinándonos o libro que máis vos gustou e contándonos por que. Desta maneira, os vosos compañeiros e compañeiras poden coller ideas sobre que libro ler. Non vos preocupedes se agora mesmo non tedes o libro, se nos decides o título despois podemos engadir unha foto coa portada do libro. Podedes facelo en castelán ou en galego.
Aquí van uns vídeos nosos falándovos de libros que nos gustaron cando eramos pequenas.



Deixámosvos aquí tamén as recomendacións de Tilandra, que podedes atopar na páxina web da Biblioteca. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/blogdebiblioteca


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.