Reto 2

Moitas veces sucede que non nos damos conta do que hai ao noso arredor. Por iso, esta semana propoñémosvos que vos asomedes á ventá e nos describades a paisaxe que vedes. Para os que vivades en casas tamén podedes saír ao xardín.Incluíde na vosa descrición os ruidos que escoitades (poden ser de coches, de paxaros...).
DESCRIBIR é pintar con palabras. Por iso, é preciso fixarse en todos os detalles para que cando alguén o lea poida imaxinar ese lugar que vos estades a ver. 
Recordade que para describir unha paisaxe había que facelo con orde.
Aquí van algúns consellos:
  • Comezamos dicindo onde se atopa o lugar. (Podemos dicir o nome se queremos)
  • Despois describimos o que vemos. Comezamos polo que está máis lonxe e imos pouco a pouco ata describir o que se atopa máis preto de nós.
  • Ao final podemos poñer se nos gusta ese lugar, como nos fai sentir. Tamén podedes dicir se descubristedes algo no que antes nos vos fixarades.  
➭Podedes engadir un debuxo a vosa descrición.
Tratade de non repetir as mesmas palabras todo o tempo. Deixámosvos algún vocabulario que podedes empregar a continuación:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.