Comezamos un novo reto. Esta semana imos a crear a nosa propia axencias de viaxes ⛱✈
Si, si! Léstedes ben! Co reto 9 imos a viaxar, aínda que só sexa a través da imaxinación.
Cando preparamos unha viaxe, o primeiro que facemos é buscar información sobre o lugar que queremos visitar. Existen moitos lugares onde buscar, pero nós hoxe imos falar dun recurso moi empregado:
O FOLLETO INFORMATIVO
O folleto informativo é un medio de comunicación breve que combina texto e imaxe, coa finalidade de explicarnos algo, vendernos un servizo, animarnos a visitar algún lugar, etc. Pode ser unha paxina simple, un díptico ou un tríptico.
Imos ver uns exemplos de trípticos:
Unha vez temos claro esta información, imos coa actividade desta semana. Debedes escoller un lugar do mundo 🌍(unha cidade,un país...) e crear un tríptico informativo que anime aos clientes da nosa axencia de viaxes a visitalo.
E como facelo? Imos a darvos un idea pero recordade! Non ten porque ser exactamnete igual, deixade voar a vosa imaxinación.
Cando os teñandes listos, non esquezades mandarnos as fotos para compartir cos compañeir@s! Sacádelle foto por ambos lados. 📷
A traballar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.