ÚLTIMO RETO: Reto 11

E chegou o día! Hoxe imos a deixarvos o último reto do curso. 🏁
E neste caso imos a pedirvos dúas cousiñas:
      1º. Cando rematamos algo, acostumamos a botar a vista atrás e pensar en como foi o proceso, é dicir, relexionamos💭. Pois iso é o que nós queremos que fagades! Sabemos que este curso foi bastante diferente, pero queremos que nos enviedes audios dicíndonos que foi o mellor do curso, o que máis vos gustou, os mellores recordos,...😊 Eses audios incorporarémolos o último programa da radio A voz de Terceiro, do que aínda podedes mandar outros contidos (deixo aquí o enlace por se non o recordades 👇
        2º. Pero cando algo remata, normalmente comeza algo novo, e debemos preparar a benvida para as aventuras que nos esperan no vindeiro curso. Por iso, gustaríanos que fixerades 🎉carteis de benvida para o curso 2020 - 2021🎉, para que cando en setembro cheguedes á escola vos estén esperando para darvos toda a enerxía positiva para 4º. Estes carteis non tedes que enviárnolos por foto. Serán os papás e as mamás os que nolos traian a escola cando veñan a recoller o voso material na última semana😉.
 Pensade que xa é o último empuxonciño e, en nada, xa estaremos nas vacacións de verán!🌞

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.