Reto 7
Este reto está moi relacionado coa literatura. Como esta semana a estamos adicando ás nosas letras, propoñémosvos que este reto o fagades en galego. E de que se trata? Queremos que preguntedes na casa aos vosos avós ou avoas ou ás mamás e papás algún conto ou lenda popular que coñezan. Despois escribídelo e mandádesnolo. Se non coñecen ningún, podedes buscar en internet tamén. Se queredes, podedes engadir quen volo contou. E non esquezades un debuxiño, para adornar a vosa historia.
⭐En Galicia, hai moreas de lendas. Moitas, están protagonizadas por seres máxicos. Por exemplo, meigas, mouros e mouras... Os mouros e mouras eran seres máxicos que gardaban grandes tesouros e vivían baixo a terra. Nas lendas, sempre aparecen relacionados con castros ou outras construcións de pedra.
Mirade, aquí tedes un exemplo dunha lenda popular galega do pobo de Moaña (Pontevedra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.