LIBROS GRATUÍTOS

Algunhas editoriais queren aportar o seu gran de area nestes momentos e para iso ofrécennos libros dixitais para descargar de maneira gratuita. Por se vos interesase, deixámosvos os enlaces a continuación. Iremos engadindo máis segundo nos enteremos de novas iniciativas.
BAÍA EDICIÓNS: Ofrécenos varias opcións clasificadas por idades. Podedes acceder á páxina web premendo na imaxe.
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


A editorial Planeta tamén ofrece algúns libros de descarga gratuita. En principio a descarga é ata o 31 de marzo. As opcións de libros gratuitos non son moitas pero tamén ofrecen algunhas actividades interesantes. Hai opcións para os cativos e cativas e tamén para os maiores.
Enlace a web premendo na imaxe.
https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/
                                   #ESTAMOS XUNTOS NISTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.