A CONSTRUIR!
Esta semana imos a tomarlle a palabra a Tilandra que, se recordades, este curso pedíanos que traballaramos en relación ao MEDIO AMBIENTE e ao coidado do noso Planeta🌍.
Hai moitas cousas que podemos facer. Por exemplo, non malgastar a auga, como moi ben puidemos comprobar na lectura "Un ben moi valioso", utilizando enerxías renovables, como os muiños de vento,... E nesta ocasión imos a falar da RECICLAXE. Reciclar significa transformar residuos usados ou que xa non queremos en novos materiais, é dicir, darlles unha segunda oportunidade, ao tempo que producimos menos lixo. E ás veces, estas segundas oportunidades son fantásticas!
![]() |
Zapatillas feitas con plástico reciclado |
Pois esta semana ides a ser vós os que deades segundas oportunidades co RETO 5. Debedes crear algo útil a partir dun material de refugallo que ibades botar ao lixo. E como? Pois deixando voar a vosa imaxinación e pensando noutro uso que vós creades que pode ter. Por que un rolo de papel hixiénico vacío só pode ser iso?
Pero ademáis de facelo, logo tedes que explicarllo aos compañeir@s como o fixestes, polo que teredes que anotar as instrucións. As instrucións son as indicacións que se dan de xeito ordenado para axudar a facer algo. Deste xeito, os vosos compañeir@s tamén o poderá facer nas súas casas. Deixámosvos este exemplo:
👍👍E xa estades listos para a tarefa!👍👍
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.