SALVANDO O SISTEMA SOLAR!

Recordades cando a principios do curso falamos do Sistema Solar?🌌

O Sistema Solar está formado pola nosa estrela, o Sol, e todos os astros que xiran arredor del (planetas, satélites, ...)
Para coñecela mellor facede con nós esta viaxe!🚀
🚨ALERTA VERMELLA!🚨
Unhas naves extraterrestres están a atacarnos! Tedes que salvar o noso Sistema Solar e para iso deberedes ir contestando correctamente as preguntas. Todas as respostas están na viaxe que fixestes antes no video! Se vos equivocades, destruirán os planetas! O futuro do Universo está nas vosas mans! 

 (Consello: Poñédeo en pantalla completa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.