A RADIO

Hoxe queremos explicarvos un pouquiño sobre a invención da radio. Como sabedes, a radio é un medio de comunicación a través do cal podemos escoitar persoas de calquera parte do mundo.
Non queda claro quen foi realmente a persoa que a inventou. Algúns falan de que foi Nikola Tesla o que creou o sistema de comunicación por radio. Sen embargo, o primeiro sistema de radio foi creado polo físico italiano Guillermo Marconi. O que si temos claro, é que sendo un invento tan complicado e novidoso naquel momento, foi necesaria a aportación de varios inventores ou inventoras.
Aquí tedes un vídeo curtiño sobre a radio.

Considérase que a primeira transmisión radiofónica do mundo tivo lugar durante a Noiteboa de 1906 desde Massachusetts, Estados Unidos. En España, considérase que a primeira emisora de radio con programación regular,  naceu o 14 de novembro de 1924 en Barceona. Aos poucos días, nacía tamén a radio en Madrid.
Os inventos serven para facernos a vida máis sinxela. Algúns, tamén serven para divertirnos. A actividade que vos propoñemos hoxe, é que busquedes inventos que tiveran lugar a partir do ano 1900 e ata os nosos días e lle fagades unha pequena fichiña como a que vos deixamos aquí debaixo. Xa sabedes que podedes facela noutro papel, nunha libreta ou imprimila. Despois, enviádenola ao noso correo para que a poidamos compartir e todos e todas poidamos aprender.
DESCARGAR ARQUIVO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.