AUGA DOCE - AUGA SALGADA

Seguramente escoitástedes algunha vez que o noso planeta tamén se coñece como o Planeta Azul 🌎 e iso é debido a que a maior parte do mesmo está cuberto por auga. Dende o espazo pódense ver os grandes mares e océanos que separan aos continentes. Esa auga está en estado líquido pero, toda a auga líquida da Terra é igual?
Podemos diferenciar entre dous tipos:
      - AUGA SALGADA. Forma os mares e os océanos e é a máis abundante. Posúe moitas sales minerais disoltas, de aí que cando a probamos esté salgada.
     - AUGA DOCE. É a auga dos ríos, lagos, corgos… Tamén posúe sales minerais, pero sempre en cantidades moito máis baixas que a auga salgada. A auga doce é moi importante para os seres humanos, sobre todo porque a necesitamos para beber.
Seguro que isto xa o tiñades claro. A auga salgada e a auga doce diferéncianse pola cantidade de sales que posúen pero, hai máis diferencias entre elas?
Para responder a esta pregunta imos a facer un pequeno experimento.


Unha vez que xa realizaches o experimento, podes ver a resposta e a explicación. E tamén podes seguir investigando sobre o tema. Pincha aquí🔍

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.