Sabedes que son as constelacións? Seguro que si. Son agrupacións de estrelas no ceo. Cada unha ten unha forma. Ademais, fai moitos, moitos anos, para explicar a súa orixe e a súa forma, inventáronse lendas sobre elas. Hai constelacións que podemos ver sempre, pero hai outras que non. Esto depende da súa posición. Por exemplo, a Osa Maior está situada (aproximadamente) sobre o Polo Norte, por iso sempre a podemos ver.
Os seres humanos tamén empregamos as estrelas para orientarnos. A Estrela Polar indícanos onde está o norte. Sen embargo, dende o hemisferio sur non é visible desde calquera parte, só en certos puntos.
Aquí deixámosvos un vídeo curtiño sobre a Osa Maior. Debaixo, teredes a explicación do reto que vos propoñemos.
Esta semana queremos que investiguedes sobre estrelas. Teredes que escoller unha constelación, debuxala (podedes empregar a técnica que queirades, non ten por que ser un debuxo nun folio) e despois facerlle unha fichiña con algunha da información que vos indicamos a continuación. (Non é preciso que incluades todo, algunhas lendas son fermosas pero complicadas, e non é necesario que as poñades.)
- Como se chama e que forma ten.
- Desde onde se pode ver.
- Algunha lenda ou historia sobre esta constelación.
- Algunha curiosidade dalgunha estrela que forme parte da constelación que escollestes.
Tamén podedes gravarvos en lugar de facer unha ficha, contándonos esta información (mellor se non se vos ve a cara).
Animámosvos a que, aproveitando o bo tempo, vos asomedes a ver as estrelas e tratedes de atopar algunha constelación.
Animámosvos a que, aproveitando o bo tempo, vos asomedes a ver as estrelas e tratedes de atopar algunha constelación.
Deixámosvos aquí varias ideas de deseño ⇩
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.