A NUTRICIÓN DAS PLANTAS

Como xa sabedes, as plantas 🌿 son seres vivos xa que realizan as tres función vitais: nutrición, relación e reprodución
Hoxe imos a afondar un  pouquiño máis na NUTRICIÓN
As plantas non toman alimentos do medio como facemos as persoas ou os animais. Elas fabrican o seu propio alimento a través dun proceso chamado FOTOSÍNTESE
Para fabricalo necesitan: 
- AUGA e SALES MINERAIS, que absorven da terra e sobe polo talo ata as follas.
- DIÓXIDO DE CARBONO, que obteñen a través das follas
-LUZ DO SOL, que tamén obteñen a través das follas e que lles sirve de enerxía.
Con todos estes "ingredientes", a planta xa pode fabricar o seu alimento que se chama zume elaborado. E neste proceso, a planta expulsa OSÍXENO, de aí a importancia de coidalas tanta, xa que sen elas non existiría a vida no noso planeta 🌍

Pero queredes ver como cos vosos propios ollos como se realiza parte da fotosíntese? Pois imos alá!🔍

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.