Como podedes ver, para ensinarnos o tempo que vai facer empregan diferentes debuxos. Así sabemos se vai facer sol, nubes e claros, vento... Debaixo, deixámosvos un documento onde vos explicamos o significado de cada símbolo.
Tamén nos din a temperatura: Así podemos saber se vai facer frío ou calor.
A actividade que vos propoñemos e anotar nun mapa o tempo que vai na vosa zona durante varios días. Para iso, debedes empregar o debuxo correspondente. Se algún ou algunha de vós ten termómetro para medir a temperatura do aire na casa, tamén pode poñer a temperatura. Se non, debaixo de cada mapa hai unhas liñas onde podedes escribir se vai calor ou frío ou calquera outra cousa que queirades resaltar. Incluímos dous mapas para que quen queira imprimilo poida ter dous mapas por folio. Xa sabedes que tamén podedes copialo noutro papel. (Se querede anotar o tempo que vai no resto de Galicia podedes facelo consultando na web que vos facilitamos ou noutra que vos queirades)
SIMBOLOXÍA
MAPAS
E recordade: NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.