Aquí estamos de novo!
Imos a deixarvos as ideas para a creación do terceiro programa de A VOZ DE TERCEIRO 📻
QUE IMOS CONTAR?
- Sección Hoxe falamos de... Esta semana imos a crear un pouco de misterio e curiosidade a través das adiviñas. Enviádenos os vosos audios con adiviñas pero non digades a resposta! Esa mandadea por escrito e descubrirémolas todas no seguinte programa.
- Sección de Medio Ambiente. Para este programa, imos a continuar coa proposta da semana anterior. Contádenos sobre as vosas plantacións, se naceron ou non, se medran, quen as rega, .... Queremos saber das vosas peripecias como agricultores!🌽🌾🌿
- Sección de Recomendacións. Esta semana pedímosvos que nos recomendedes películas que vos gusten e que nos digades cal é a razón pola que a elixistes.
Tedes que escoller unha soa destas seccións. Pensades o que queredes dicir ( non é necesario que comecedes dicindo o voso nome) e logo gravades un audio.
Podedes empregar o sistema que prefirades, e se tedes dúbidas
preguntádenos. Serán intervecións curtas, para que haxa tempo para tod@s, intentando falar amodiño e de
xeito claro.
Recordade que podedes seguir mandando as vosas adicatorias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.