martes, 12 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O vindeiro domingo é un día moi especial. Todos os 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, aínda que este ano está aprazado, nós imos aproveitar para celebralo por partida dobre. Por que? A lingua, os idiomas, son un tesouro que temos, e que sorte en Galicia contar con máis dunha. Por que conformarse con falar unha soa lingua cando podemos falar máis?
Para festexalo, propoñémosvos unha sinxela actividade na que nos gustaría que tod@s participarades. Cada un de vós debe pensar nunha palabra en galego que lle pareza fermosa, a máis fermosa de todas ( e temos moitas). Logo escribirédela nun folio en horizontal e decorarédela. Debe estar ben bonita para a festa das Letras! Con todas as imaxes que nos mandades crearemos un gran mural que compartiremos con tod@s os compañeir@s da escola a través da Biblioteca do Centro.  
Pero dádevos présa! Temos que telo listo para o Día das Letras, polo que mandádenos as fotos antes do venres a tarde, para ter tempo de preparar o mural.
QUE A LINGUA VOS ACOMPAÑE! 
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.