martes, 19 de maio de 2020

BOS DÍAS

As mestras botámosvos moito de menos e temos ganas de vervos. Así que estivemos a pensar que este venres pola mañá teremos un  vídeo-encontro con vós! Será ás 12:00 e farémolo a través da aplicación ZOOM (Podedes descargala de xeito gratuíto no móbil, tableta ou ordenador). Para iso, enviarémosvos un código ao correo electrónico que nos facilitastes así como información sobre como debedes facer para conectarvos. Non se trata de algo obrigatorio, non é unha clase. Simplemente temos moitas ganas de vervos. Aqueles e aquelas que poidades e queirades, animádevos a conectarvos. Se tivésedes algún problemiña, facédenolo saber para solucionalo.
Recordade que seremos moit@s e a tod@s nos vai apetecer falar, por iso é moi importante respetar os turnos e que escoitemos aos demais, ao igual que faciamos na aula.
Unha aperta moi grande

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.