luns, 27 de abril de 2020

BOS DÍAS

Como podedes ver cambiamos o diseño do blog para organizalo un pouquiño mellor. Os que tratastedes de acceder durante a fin de semana e non puidestes non vos preocupedes, debíase aos cambios que estabamos a facer. Ímosvos explicar un pouquiño como se organizará a partir de agora.
PROPOSTAS DE TRABALLO SEMANAIS: Segue a estar na marxe dereita. Aquí atoparedes as propostas de traballo de cada semana. Estarán dispoñibles aí ata domingo á tarde. Non vos preocupedes, poderedelas seguir atopando despois. ONDE? Se vos fixades, debaixo do nome do blog creamos diferentes apartados: cálculo, problemas, repaso linguas... Cada actividade estará no apartado que lle corresponda. En repaso linguas atoparedes tanto de lingua castelá como de lingua galega. Se pasades o cursor por encima de cada un dos apartados xa vos abren unhas pestaniñas co nome das diferentes actividades. 

Volvemos á marxe dereita:
En RETOS CONSEGUIDOS atoparedes os retos que nos fostes mandando nun taboleiro. Iremos ampliando segundo nos mandedes.
En OS VOSOS TRABALLOS atoparedes outras actividades que nos fostes mandando.
Animámosvos a que nos sigades enviando ao correo as actividades que ides facendo.
Aquí debaixo deixámosvos un vídeo explicativo do blog. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.