sábado, 25 de abril de 2020

BOA FIN DE SEMANA

Bos días
Remata unha semana máis. Agardamos que a todos e todas vos fose ben. Temos varias cousiñas para comentarvos. 
Tivemos un pequeno problemiña co vídeo do conto El principito que íamos subir hoxe. Xa sabedes que as novas tecnoloxías, ás veces, dan pequenos problemas. Subiremos este vídeo o luns e continuaremos co conto o resto da semana como o fixemos nesta. 
Por outra parte, nesta fin de semana estaremos a reorganizar o blog. Non vos extrañedes se tratades de entrar e vedes cambios ou non atopades algo. Cando comezamos, como non había moitas actividades, este diseño funcionaba ben. Agora queremos organizar todo un pouquiño mellor para que a vós vos sexa máis facil atopar as actividades, os traballos vosos que subimos, etc... O luns escribiremos unha entrada para explicarvos. 
Queremos aproveitar tamén para darvos as gracias polo traballo que facedes. Tanto os peques como as familias. Sabemos que non sempre é fácil. 
Unha aperta forte e moito ánimo familias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.