luns, 27 de abril de 2020

BOS DÍAS

Como podedes ver cambiamos o diseño do blog para organizalo un pouquiño mellor. Os que tratastedes de acceder durante a fin de semana e non puidestes non vos preocupedes, debíase aos cambios que estabamos a facer. Ímosvos explicar un pouquiño como se organizará a partir de agora.
PROPOSTAS DE TRABALLO SEMANAIS: Segue a estar na marxe dereita. Aquí atoparedes as propostas de traballo de cada semana. Estarán dispoñibles aí ata domingo á tarde. Non vos preocupedes, poderedelas seguir atopando despois. ONDE? Se vos fixades, debaixo do nome do blog creamos diferentes apartados: cálculo, problemas, repaso linguas... Cada actividade estará no apartado que lle corresponda. En repaso linguas atoparedes tanto de lingua castelá como de lingua galega. Se pasades o cursor por encima de cada un dos apartados xa vos abren unhas pestaniñas co nome das diferentes actividades. 

Volvemos á marxe dereita:
En RETOS CONSEGUIDOS atoparedes os retos que nos fostes mandando nun taboleiro. Iremos ampliando segundo nos mandedes.
En OS VOSOS TRABALLOS atoparedes outras actividades que nos fostes mandando.
Animámosvos a que nos sigades enviando ao correo as actividades que ides facendo.
Aquí debaixo deixámosvos un vídeo explicativo do blog. 

sábado, 25 de abril de 2020

BOA FIN DE SEMANA

Bos días
Remata unha semana máis. Agardamos que a todos e todas vos fose ben. Temos varias cousiñas para comentarvos. 
Tivemos un pequeno problemiña co vídeo do conto El principito que íamos subir hoxe. Xa sabedes que as novas tecnoloxías, ás veces, dan pequenos problemas. Subiremos este vídeo o luns e continuaremos co conto o resto da semana como o fixemos nesta. 
Por outra parte, nesta fin de semana estaremos a reorganizar o blog. Non vos extrañedes se tratades de entrar e vedes cambios ou non atopades algo. Cando comezamos, como non había moitas actividades, este diseño funcionaba ben. Agora queremos organizar todo un pouquiño mellor para que a vós vos sexa máis facil atopar as actividades, os traballos vosos que subimos, etc... O luns escribiremos unha entrada para explicarvos. 
Queremos aproveitar tamén para darvos as gracias polo traballo que facedes. Tanto os peques como as familias. Sabemos que non sempre é fácil. 
Unha aperta forte e moito ánimo familias.



mércores, 22 de abril de 2020

POEMAS DE PRIMAVERA

Bos días familias!
Aquí vos deixamos o primeiro dos vídeos cos marabillosos POEMAS DE PRIMAVERA que creástedes no Reto 3. Tranquil@s! Faremos outos cos demáis poemas. 
Un aplauso para est@s ARTISTAS.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

luns, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO

Bos días familias!
O vindeiro xoves,  23 de abril, conmemórase o Día do Libro. Por iso, algunhas das actividades estarán relacionadas con esta celebración.
Ademáis, coa idea de estar un pouquiño máis préto de vós, todos os días desta semana deixarémosvos un anaquiño de vídeo - conto lido polas mestras. Aquí vai o primeiro,e os seguintes poderedes acceder a eles en VIDEO - CONTO: El Principito. Agardamos que vos guste!
Por outra banda, como xa vos dixeramos , hoxe imos a enviarvos a través do AbalarMobil o usuario e contrasinal para acceder a determinadas actividades da aula virtual ou deixar mensaxes. Recordade que nós seguiremos traallando como ata o de agora e utilizando o blog, pero isto permitiravos poñervos en contacto con outros mestres e ter acceso a todas as actividades que vos propoñen na aula virtual. Deixámosvos aquí un vídeo explicativo de como debedes facer. Calquera dificultade, non dubidedes en preguntarnos.

venres, 17 de abril de 2020

BOA FIN DE SEMANA

Bos días.
Remata esta primeira semana de 'volta ao cole' tan diferente. Agardamos que a todos e todas vos fose ben, dentro das circunstancias nas que nos atopamos.
IMPORTANTE
Animámosvos aos que todavía non nos escribistes a que o fagades e nos contedes que tal vos atopades. Ademais, para a semana facilitarémosvos un nome de usuario e contrasinal para que poidades mandar mensaxes á aula virtual do cole. Nós seguiremos a utilizar o blog e o mesmo correo que ata o de agora pero, se queredes comunicarvos co resto dos mestres e mestras de terceiro para consultar dúbidas, poderédelo facer desta maneira. Tedes o enlace a aula virtual no apartado de páxinas de interese. 
Con respecto ao terceiro trimestre, tan pronto teñamos información concreta de como se vai levar a cabo, comunicarémosvola. 
O xoves 23 é o Día do Libro así que teremos preparadas algunhas sorpresiñas relacionadas con ese tema. Ide pensando algúns dos libros que máis vos gustan para recomendárnolos 🌝.
Deixámosvos aquí debaixo algúns dos últimos traballiños que nos fostes enviando nesta semana.
Pasade unha boa fin de semana!
As mestras botámosvos moito de menos.
Unha aperta forte.

luns, 13 de abril de 2020

SEGUEN CHEGANDO OS BROTES VERDES

A natureza non para. Para ela non existe o confinamento. E nós tampouco! Polo momento seguimos co repaso ata novo aviso. Xa temos o 3º reto e algunhas propostas de traballo,e actualizamos o libro de receitas e as fotos dende a miña ventá
Esperamos pronto saber máis de como se vai organizar o terceiro trimestre.
Nós seremos fortes coma estes brotes verdes!
...as súas lentellas 👍
 
As cabeciñas de céspede de Paula e...


As lentellas de Mencía...
e os garabanzos.
O arroz e as lentellas de Pablo e Martín 👏

O aguacate e os garabanzos de Irene 😉

As fabas e as lentellas de Mateo.😊

xoves, 9 de abril de 2020

A DISFRUTAR DAS VACACIÓNS!

María e a súa familia fixeron estas fermosas figuras de origami e acompañáronas con esta mensaxe para desexarvos a tod@s unha feliz Pascua.
As mestras tamén vos desexamos que disfrutedes destes días. 
Somos un gran equipo!!

#unidosvenceremosovirus

mércores, 8 de abril de 2020

CICLO DA AUGA

Aquí vos deixamos fotos dos experimentos sobre o ciclo da auga que nos mandastes. Animádevos  a enviarnos máis!



LAPBOOK

 A nosa compañeira Lili fixo un lapbook sobre a Terra e quere compartilo con todos vós.
Aquí debaixo deixámosvos unha imaxe interactiva onde podedes ver imaxes do seu traballo premendo nos números que aparecen e un vídeo con indicacións por se vos animades a facelo.

martes, 7 de abril de 2020

E SEGUEN MEDRANDO...

 
OS PEMENTOS DE PADRÓN DE ANTÓN 😋

A PLANTIÑA DE MARCELO

O AGUACATE DE SARA.
AS LANDRAS DE VALERIA, PRONTO SERÁN CARBALLOS 🌳
O AGUACATE DE ANTÓN E ...
... O DE MENCÍA💚

luns, 6 de abril de 2020

RETO 2: FOTOS DESDE MI VENTANA

E isto é o que algúns compañeiros e compañeiras ven dende a súa fiestra pero pronto poderemos ver o mundo enteiro.
  #xaquedamenos
https://view.genial.ly/5e871f2cba81d90dfb4517d2/presentation-album-fotos
Seguimos a espera das vosas "fotografías".

venres, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Bos días.
A vindeira semana será de descanso polo que non vos propoñeremos reto. Tratade de desconectar e relaxarvos. Irémosvos deixando algunhas actividades de tipo lúdico para quen lle interese no apartado 'Modo relax'. Tamén aproveitaremos para seguir compartindo algúns dos traballos que fostes facendo. Podedes seguir escribíndonos ao correo como ata o de agora. Á volta, agardamos ter xa máis información de como se plantexará o terceiro trimestre.
As profes botámosvos moito de menos e agardamos que todos e todas estedes ben. Xa veredes como pronto nos volvemos ver. Temos que ter paciencia. Polo de agora toca quedar na casa polo noso ben e polo dos demais. Sabemos que non é fácil e estades a facelo moi ben.
Agradecémosvos moito tanto a vós, como aos vosos papás e mamás, o interese nas actividades que vos propoñemos.
Moito ánimo, familias.
#QuedamosNaCasa  #EstamosXuntosNisto #TodoVaiSaírBen

xoves, 2 de abril de 2020

AS NOSAS PLANTIÑAS COMEZAN A NACER

Bos días! 
A semana pasada propuxémosvos que plantarades nas vosas casas e parece que os vosos "mini cultivos" empezan a brotar. Se non é así, paciencia! Todo necesita un tempo, pero pronto as folliñas verdes volverán agromar. Ímolo ver a cámara rápida:
 E como mostra as lentellas de Lola e de Xián que, con ou sen terra, xa están fermosas.
LENTELLAS DE LOLA

MATERIAIS USADOS POR XIÁN

LENTELLAS DE XIÁN