venres, 17 de abril de 2020

BOA FIN DE SEMANA

Bos días.
Remata esta primeira semana de 'volta ao cole' tan diferente. Agardamos que a todos e todas vos fose ben, dentro das circunstancias nas que nos atopamos.
IMPORTANTE
Animámosvos aos que todavía non nos escribistes a que o fagades e nos contedes que tal vos atopades. Ademais, para a semana facilitarémosvos un nome de usuario e contrasinal para que poidades mandar mensaxes á aula virtual do cole. Nós seguiremos a utilizar o blog e o mesmo correo que ata o de agora pero, se queredes comunicarvos co resto dos mestres e mestras de terceiro para consultar dúbidas, poderédelo facer desta maneira. Tedes o enlace a aula virtual no apartado de páxinas de interese. 
Con respecto ao terceiro trimestre, tan pronto teñamos información concreta de como se vai levar a cabo, comunicarémosvola. 
O xoves 23 é o Día do Libro así que teremos preparadas algunhas sorpresiñas relacionadas con ese tema. Ide pensando algúns dos libros que máis vos gustan para recomendárnolos 🌝.
Deixámosvos aquí debaixo algúns dos últimos traballiños que nos fostes enviando nesta semana.
Pasade unha boa fin de semana!
As mestras botámosvos moito de menos.
Unha aperta forte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.