martes, 24 de marzo de 2020

Hola!
Todavía non sabemos se todos e todas tedes acceso ao blog. Se alguén non nos avisou e ten acceso por favor escribídenos. Querémosvos explicar como imos traballar.
Cada semana teredes un reto. Tamén haberá propostas de actividades para as diferentes áreas. Non mandaremos actividades todos os días pois esta situación que estamos a vivir é excepcional. Facilitámosvos enlaces tamén onde poderedes atopar actividades de repaso interactivas. Todo o que poñemos no blog é orientativo, non obrigatorio nin avaliable. Queremos axudarvos e ao mesmo tempo continuar co proceso educativo. Somos conscientes de que moitos e moitas tedes que traballar e que non todos dispoñedes dos mesmos recursos, polo que non queremos poñer máis presión sobre vós. Que ninguén se agobie se un día o seu fillo ou filla só leu, xa traballará outros contidos outro día. É importante manter unha rutina de traballo, pero engadir estrés a nosa vida non nos vai axudar a levar mellor esta situación. Cada quen, que faga o que poida.
Calquera dúbida, contactade con nós a través do correo que vos facilitamos.
Un saúdo e moito ánimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.