Con este blog pretendemos achegarvos propostas concretas
de traballo que nos axuden a afianzar ou ampliar os contidos vistos ata este momento.
Na web existen infinidade de recursos fantásticos que vós xa coñecedes e que vos
resultan útiles, polo que nós queremos aportar o noso gran de area e, sobre todo,
axudar a concretar aqueles que nos parecen máis relacionados e servir como guía.
Con este fin, a organización do blog será a seguinte:
-
RETO SEMANAL. Os resultados do mesmo poñeranse
en común ao final da semana, compartindo así os vosos logros.
-
PROPOSTAS DE TRABALLO. Actividades concretas
relacionadas con cada materia.
-
MODO RELAX, con actividades de ocio,
relaxación,…
-
PÁXINAS DE INTERESE. Direccións web con multitude
de recursos.
Todas estas propostas son voluntarias. Somos moi
conscientes de que esta situación non resulta doada para os nosos cativos e cativas
pero tampouco para as familias, polo que non queremos engadir estrés, pero si
axudar a manter a cabeza ocupada. O primeiro é coidarse!