Como sabedes, hoxe é o Día do Medio Ambiente. Pero non só hoxe debemos dedicarlle un tempo a pensar como coidar o noso planeta, debemos facelo todos os días e sobre todo, debemos ACTUAR. Por que? Pois porque se destruímos o noso planeta estarémonos destruíndo a nós mesmos. Que osíxeno respiraremos se talamos todas as árbores? Que auga beberemos se toda está contaminada? En que praia nos bañaremos se non hai máis ca plásticos no mar? Que estrelas contemplaremos se o ceo está cuberto de fume? Se todos poñemos o noso gran de area, esas pequenas accións individuais convértense en grandes porque todos estaremos colaborando unid@s. O primeiro paso é concienciarnos de que debemos coidar a natureza, debemos querer e mimar o noso planeta.
Volvendo ao día de hoxe, cada ano adícase a un tema diferente e este ano falamos da biodiversidade. Sabedes que é iso? A biodiversidade é o conxunto de todas as especies que habitan a Terra: os animais, as plantas e o resto dos organismo, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Esta biodiversidade vese afectada polas accións dos seres humano. Por exemplo, se recordades, o ano pasado, uns terribles incendios arrasaron os bosques de Australia, e con eles moitos animais dos que alí vivían. Algúns chegaron a estar en perigo de extinción. Cando un ser vivo se extingue, isto afecta a todo o planeta, pois cada un de nós poñemos da nosa parte para que o planeta Terra sexa un lugar no que haxa un equilibrio que o fai tan axeitado para a vida (por suposto ademáis doutras características como a distancia ao sol). Para que vexades a importancia de cada ser vivo, ímosvos explicar como nos afectaría se, por exemplo un animais tan pequeno como as abellas desaparecese. As abellas encárganse da polinización, é dicir, de que as plantas se reproduzan. Se desaparecesen, gran parte dos alimentos que nos comemos e dos que se alimentan outros animais, tamén o farían. Vedes a importancia que cada ser vivo ten no noso planeta?
Ímosvos deixar algunhas recomendación de películas e vídeos para que reflexionedes sobre o tema.
PELÍCULAS:
- Lorax
- Wall-e
- Pocahontas
- Minúsculos, el valle de las hormigas perdidas.
- Vecinos invasores
Por último, deixámos AQUÍ o enlace a páxina web do Día Mundial do Medio Ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.