venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!

🌞CHEGARON AS VACACIÓNS!🌞

Logo deste curso tan diferente e difícil, por fin chegaron as vacacións de verán. Agora xa tedes un merecido descanso despois de todo o que traballastes. As mestras estamos moi orgullosas, ORGULLOSÍSIMAS de vós, porque non vos rendestes e loitástedes como superheroes e superheroínas. Pero agora aínda nos queda un último RETO, pero neste caso farémolo nós: dar as GRACIAS:
- GRACIAS polas aventuras, as risas e as aprendizaxes que xuntos vivimos na aula e fóra dela.
- GRACIAS polo voso traballo e a ilusión que compartístedes en cada reto
- GRACIAS polo cariño que nos destes cada día na escola e que nos transmitístedes despois a través dos vosos correos.
-GRACIAS polas cousas que nos ensinástedes, que esperamos que nos fagan mellores mestras .
- GRACIAS ás familias, por ser ademáis de mamás, papás, avós, avoas,.... mestres e mestras, axudándonos e facendo que todo isto fora posible.

E recordade que cando vos entre a morriña, sempre poderedes entrar no  https://superpoderesdeterceiro.blogspot.com/
e ver todo o que fixéstedes, o voso traballo, porque aínda que non seguiremos a poñer actividades, seguirá aberto. 

Gardaremos todos estes recordos coma un gran tesouro 👑💍💎 

 Terceiro remata pero non esquezades....
CUARTO AGARDA POR VÓS! 

QUERÉMOSVOS MOITO!
Nati e Diana

NOVO PROGRAMA 'A VOZ DE TERCEIRO'

Xa está aquí o novo programa de 'A VOZ DE TERCEIRO', a radio que entre todos creastes. Un proxecto feito con moita ilusión por vós e para vós. 
Neste novo programa falaremos de recomendacións para o verán e compartiredes que foi o que máis vos gustou deste curso 2019/2020.
Premede o botón e desfrutade das vosas historias!

 ⭐E aquí vai o que nos enviou Sergio, que se nos quedara fóra do programa, pero é importante que o escoitedes!

luns, 15 de xuño de 2020

XA SE ACHEGA O VERÁN

Bos días
Xa se achega o verán e con el tamén a fin deste curso. Un curso que sen dúbida tod@s recordaremos. Nesta última semana propoñerémosvos actividades de tipo lúdico. Todos e todas fixestes un gran traballo e agora toca descansar. Tamén podedes seguir mandándonos actividades pasadas que teñades.
O xoves subiremos ao blogue o último programa da radio coas vosas mensaxes, polo que tedes ata mércores para mandarnos os audios.
Para o venres tamén imos organizar outra VIDEOCHAMADA. Ao igual que na vez anterior, mandaremos a información para conectarvos ao correo.
Unha aperta forte
As titoras

venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Como sabedes, hoxe é o Día do Medio Ambiente. Pero non só hoxe debemos dedicarlle un tempo a pensar como coidar o noso planeta, debemos facelo todos os días e sobre todo, debemos ACTUAR. Por que? Pois porque se destruímos o noso planeta estarémonos destruíndo a nós mesmos. Que osíxeno respiraremos se talamos todas as árbores? Que auga beberemos se toda está contaminada? En que praia nos bañaremos se non hai máis ca plásticos no mar? Que estrelas contemplaremos se o ceo está cuberto de fume? Se todos poñemos o noso gran de area, esas pequenas accións individuais convértense en grandes porque todos estaremos colaborando unid@s.  O primeiro paso é concienciarnos de que debemos coidar a natureza, debemos querer e mimar o noso planeta.
Volvendo ao día de hoxe, cada ano adícase a un tema diferente e este ano falamos da biodiversidade. Sabedes que é iso? A biodiversidade é o conxunto de todas as especies que habitan a Terra: os animais, as plantas e o resto dos organismo, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Esta biodiversidade vese afectada polas accións dos seres humano. Por exemplo, se recordades, o ano pasado, uns terribles incendios arrasaron os bosques de Australia, e con eles moitos animais dos que alí vivían. Algúns chegaron a estar en perigo de extinción. Cando un ser vivo se extingue, isto afecta a todo o planeta, pois cada un de nós poñemos da nosa parte para que o planeta Terra sexa un lugar no que haxa un equilibrio que o fai tan axeitado para a vida (por suposto ademáis doutras características como a distancia ao sol). Para que vexades a importancia de cada ser vivo, ímosvos explicar como nos afectaría se, por exemplo un animais tan pequeno como as abellas desaparecese. As abellas encárganse da polinización, é dicir, de que as plantas se reproduzan. Se desaparecesen, gran parte dos alimentos que nos comemos e dos que se alimentan outros animais, tamén o farían. Vedes a importancia que cada ser vivo ten no noso planeta?
Ímosvos deixar algunhas recomendación de películas e vídeos para que reflexionedes sobre o tema.
PELÍCULAS:

  • Lorax
  • Wall-e
  • Pocahontas
  • Minúsculos, el valle de las hormigas perdidas.
  • Vecinos invasores
Aquí vos deixamos tamén un par de vídeos interesantes:

Por último, deixámos AQUÍ  o enlace a páxina web do Día Mundial do Medio Ambiente.