Ola de novo a tod@s!
Esta semana imos a crear o segundo programa da vosa radio, A VOZ DE TERCEIRO!
QUE IMOS CONTAR?
- Sección Hoxe falamos de... .Esta semana propoñémosvos que nos falades dun lugar que vos gustaría visitar cando remate o coronavirus e poidamos volver a viaxar ou, un lugar ao que xa forades e que vos gustase moito como para volver a visitalo. Dicídenos brevemente o porqué da elección.
- Sección de Medio Ambiente. Esta semana gustaríanos que nos falásedes das vosas plantiñas. Xa vimos nas fotos o bonitas que están pero gustaríanos que nos contarades como foi a experiencia, se siguen medrando ou algunha non saiu adiante (como o aguacate da profe Diana, que non ten ganas de nacer 😅), se estades pendentes de atendelas,...
- Sección de Recomendacións. Esta semana, non vos imos propoñer ningunha novidade nesta sección, posto que aínda temos fantásticas recomendacións de xogos que nos enviástedes para poñer no programa.
Tedes que escoller unha soa destas seccións. Pensades o que queredes dicir ( non é necesario que comecedes dicindo o voso nome) e logo gravades un audio.
Podedes empregar o sistema que prefirades, e se tedes dúbidas
preguntádenos. Serán intervecións curtas, para que haxa tempo para tod@s, intentando falar amodiño e de
xeito claro.
Recordade que podedes seguir mandando as vosas adicatorias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.